Novas

Galiza necesita soberanía e independencia. 

Desde o Movemento pola Base facemos un chamamento a participar na manifestación convocada pola rede Galiza Non Se Vende para este domingo 21 de Marzo. A manifestación sairá ás 12:00 do Paseo Central da Alameda de Compostela. A seguir publicamos un comunicado contra destrución da Terra.

Para defendermos a Terra e o Pobo da devastación, Galiza necesita soberanía e independencia.

Solidariedade con Aminetu Haidar.

Aminetu_Haidar.jpg

A seguir publicamos a carta aberta de Aminetu Haidar á sociedade civil o pasado día 10 de Decembro. Desde o Movemento pola Base queremos manifestar a nosa solidariedade co pobo saaraui e con esta valente activista. Do mesmo xeito animamos a toda a cidadanía a participar nas accións de solidariedade que, ao longo destes días, están programadas ao longo do noso País.

Xornada de debate: Construindo alternativas desde o local.

Alternativas desde o local

Este sábado 5 de Decembro realizarase na Gentalha do Pichel (Sta Clara, 21) en Compostela unha xornada de debate organizada polo Movemento pola Base sobre a construción de alternativas desde o local. A xornada iniciarase por volta das 10:30 da mañá e centrarase na exposición de proxectos concretos que desde distintos pontos do planeta construen alternativas ao actual sistema.

O 6 de Decembro, tod@s a Compostela!

A causa de Galiza

Un ano mais a entidade soberanista Causa Galiza convoca a tod@s @s nacionalistas a manifestarse contra a Constitución española o vindeiro día 6 de Decembro. Este ano a manifestación sairá ás 12:00 hrs do Paseo central da Alameda.

Grande éxito da manifestación en defensa do Galego

Monolinguismo_social.

Desde o Movemento pola Base, como non pode ser doutro xeito, alegrámonos polo grande éxito que tivo a movilización deste domingo en defensa do Galego.Cremos que se trata dun éxito colectivo e, en particular, das bases do nacionalismo e do tecido social que defende con orgullo os sinais de identidade da nosa nación.  Unha vez mais amósase que contamos cunha sociedade dinámica e disposta a movilizarse na defensa dos seus intereses e direitos. Que o goberno do PP tome nota e se prepare.

Polo monolingüismo social

mani_da_lingua.

O Movemento pola Base acudirá á manifestación en defensa da lingua do 18 de Outubro, convocada pola Plataforma Queremos Galego, integrado no Bloque polo Monolingüismo Social. Este Bloque alternativo é o resultado da unión de forzas en torno a tres principios: un país socialmente monolingüe en Galego, primar a reactivación da acción normalizadora de base en todas as frentes sociais, e a loita por un novo cadro legal superador da desigualdade xurídica existente entre Galego e español.

Solidariedade con GalizaVídeos.

censura..jpg

Desde o Movemento pola Base queremos amosar a nosa solidariedade coa reporteira de GalizaVídeos que será xulgada maña por cubrir informativamente a Cadea humana do 24 de Xullo do ano 2008 organizada polo Organismo anti-rrepresivo Ceivar. A surrealista acusación contra esta compañeira basease exclusivamente na palabra de funcionarios policiais que a acusan de proferir berros e ameazas contra a "autoridade" e non se sostén sobre nengunha outra base documental.

A loita continúa!

Moncho Reboiras

Outro 12 de Agosto lembramos ao compañeiro Moncho Reboiras. Para os que seguimos na loita, sen claudicar, empeñados na construción dun poder popular que se alicerza  desde abaixo, a de hoxe non é unha data mais no calendario "litúrxico" do nacionalismo. Conmemorar esta data supón homenaxear a toda esa xeración que aló no principio dos anos setenta, nunhas condicións moi duras, puxeron outra vez a andar o nacionalismo neste País.