O MpB chama a unha participación masiva na manifestación deste 1º de maio convocada pola CIG
Diante das políticas agresivas contra a Clase Traballadora que pretenden ditarnos os peóns deste sistema, o goberno do estado e o da Xunta, coas que queren acabar con dereitos conquistados durante séculos de loita obreira, desde o MpB pulamos por unha resposta contundente nas rúas nun primeiro de maio especialmente combativo. Estes dereitos non poden ser destruídos agora coa escusa da crise económica, que a quen afecta realmente é aos traballadores, coa redución dos postos de traballo, a perda de dereitos laborais, a baixada dos soldos e a deteriorización dos servizos sociais.
Por todo isto o MpB fai unha chamada a participar masivamente na manifestación deste 1º de maio, día do internacionalismo proletario, convocada pola CIG baixo o lema: "Por un emperego digno, non ás políticas económicas e laborais do PP".
Aquí poñemos os horarios e lugares das manifestacións:
A Coruña ás 12:00 h. Praza de Vigo
Santiago ás 12:30 h Praza Roxa
Vigo ás 12,00 h. Cruzamento da Doblada
Pontevedra ás 11:30 h. Praza da Ferrería
Ferrol ás 12:00 h. Avda. de Esteiro (local da CIG)
Lugo ás 12:30 h. Ronda da Muralla (edificio sindical)
Ourense ás 12:30 h. Pavillón dos Remedios
Ribeira ás 12:00 h. Praza do Peixe
Mondoñedo ás 12:30 h. Diante da ECAR
Vilagarcía de Arousa ás 12:00 h. Casa do Mar
A Estrada ás 12,00 h. Praza do Concello