O Movemento pola Base chama a participar na Manife de Causa Galiza

O Movemento pola Base fai un chamamento á participación da Manife do Dia da Pátria. O MpB e as doce organizacións nacionais asinantes do ACORDO DEMOCRÁTICO NACIONAL chaman a participar na manifestación de Causa Galiza.

Representantes de trece organizacións soberanistas xuntámos-nos esta mañá na Praza de San Martiño Pinario da capital galega para mostrar o noso apóio á Manife convocada por Causa Galiza para este 25 de xullo, que sairá ás 12:3o da Alameda de Compostela. As entidades, asinantes do Acordo Democrático Nacional (ADN) presentado o pasado 18 de decembro en Pontevedra, destacamos nun manifesto a necesidade de “construír un proceso de acumulación de forzas políticas, sindicais e sociais nacionalistas”, algo “imprescindíbel” no actual contexto de crise.

 

Membros de Adiante, Assembleia da Mocidade Independentista, Ateneu Proletário Galego, Ceivar, Colectivo Nacionalista de Marín, Central Unitaria de Traballadores/as, Espaço Irmandinho, Frente Popular Galega, Fronte Obreira Galega, Partido Comunista do Povo Galego, Redes Escarlata e Siareir@s Galeg@s e, nós,Movemento pola Base facemos un chamamento a participar das actividades convocadas por Causa Galiza, por quinto ano consecutivo para este Dia da Pátria.

 

Diante do mosteiro que foi o último reduto da Revolución Galega de 1846, Tino Lago, en representación da Fronte Obreira Galega (FOGA), deu lectura a un manifesto no que os colectivos asistentes reafirmamos o compromiso de construír un novo escenário político en que o soberanismo galego gañe referencialidade política, introdución social e liderado para condicionar a situación de Galiza. Fronte á via estatutária esgotada, as organizacións soberanistas e independentistas avogamos por “unha estratexia ruturista que faga frente con decisión e claridade á España e ao dominio do Capital”.