O Movemento pola Base denúncia a actitude do PP que está a coercitar a praxe política das entidades de imigrantes na Galiza
O MpB acusa á Xunta de Galiza de tentar converter as entidades que pulan polos direitos e liberdades das persoas estranxeiras en entidades prestadoras de servizos e submisas se queren receber as subvencións.
A Xunta de Galiza diante das últimas manifestacións da Asemblea Galega de Imigración nas que denuncia a pasividade da Administración galega em matéria de imigración e o recorte de axudas a entidades sociais de imigrantes, comezou uma série de chamadas, caza de bruxas, ás entidades pertencentes á Asemblea. As ameazas som <ou estades co Foro Galego de Imigración ou saídes se queredes receber as subvencións>. Fica ben ás claras que a atitude é reacionária pois non só polas ameazas senón que ademais problematiza a continuidade de muitos dos <pisos de acollida>.
Asi mesmo nas conversas a estas entidades sinalan como un dos factos "reprochábeis" a recollida de sinaturas colgada no web http://forogi.wordpress.com para pedir á Fiscalia que investigue os indícios de xenofobia no xogo online do PP catalán.
.Todas estas chamadas foi polo Comunicado que apoia o MpB e a rolda de prensa que fixo a Asemblea Galega de Imigración á saída da reunión na Secretaria Xeral de Imigración da Xunta de Galiza.
O Comunicado emitido o 9 de novembro é o seguinte
:COMUNICADO DE IMPRENSA
“O Foro Galego de Inmigración vai realizar, de forma pública, unha Solicitude Urxente ao Secretario Xeral de Emigración da Xunta de Galiza, o mércores día 10 de Novembro ás 11:00 h na sede desa Secretaría Xeral de Emigración (Rúa Basquiños nº 2-Santiago de Compostela), con rolda de prensa informativa inmediatamente despois da entrega da mesma, para que faga efectiva xa a habitual Convocatoria de Axudas para Asociacións de Inmigrantes e Emigrantes Retornados de Galiza para este ano 2010.
Xa no pasado mes de outubro transladámoslle ao Sr. Secretario Xeral, a fonda preocupación que teñen as Asociacións de Inmigrantes e Emigrantes Retornados de Galiza por esta cuestión. Non obtivemos resposta pola súa parte, pero por parte do funcionariado deste Departamento Autonómico remitíusenos á Convocatoria de Subvencións da Secretaría Xeral de Emigración (DOG 23 de Xullo) dirixida a entidades sen ánimo de lucro. Tratasen de dúas convocatorias ben diferentes, xa que a Convocatoria de Xullo ía destinada cara a ONGs, como o demostra o feito de que as subvencións concedidas ao abeiro desa orde destináronse de forma exclusiva a ONGs que traballan con inmigrantes e emigrantes retornados, pero non a asociacións formadas por estes colectivos. Polo que de ser certa esa información extra-oficial as asociacións de inmigrantes e emigrantes retornados de Galiza quedaríamos sin axuda algunha no presente ano 2010 para desenvolver as nosas actividades. Isto podería supoñer a desaparición práctica de moitas das nosas asociacións, que contan con esas pequenas axudas para manter infraestructuras básicas como os propios locais das mesmas.
No acto, queremos tamén facer público e difundir o importante traballo que as asociacións facemos na integración do colectivo inmigrante e emigrante retornado en Galiza e tamén a importancia que esas axudas, aínda que pequenas, teñen para a subsistencia das mesmas. A situación é ademáis dramática, porque hai bastantes asociacións que xa teñen realizadas actividades ao longo do presente ano 2010 de formación, integración, fomento da interculturalidade, etc e que contan con esa aportación da subvención para cubrir os gastos derivados desas actividades.
Poderíamos considerar razoable, neste tempo de dificultades económicas, un recurte orzamentario das mesmas, máis parécenos da máxima gravidade a eliminación desta via de subvención básica e única para o asociacionismo inmigrante e emigrante retornado de Galiza"