25 de abril, Todas/os a Compostela na defensa dos Servizos Públicos
En defensa dos Servizos Públicos
MANIFE
Domingo 25 de abril de 2010
12.ooh Alameda ( Compostela )
Diante da política privatizadora do PP no governo da Xunta e da política de recortes no gasto público do governo central, é preciso sair à rua e esixir con voz firme:
*Un sistema sanitário público de calidade, garantindo à poboación os princípios básicos de universalidade, gratuidade e equidade no acceso ao sistema.
*Un ensino público e de calidade , dotándo-o de maiores orzamentos e suprimindo os concertos educativos.
*O reforzo e ampliación dos servizos públicos, criando emprego e transformando o temporal en estábel. Ampliación da própria administración pública como proposta de defensa do público fronte ao privado.
*A consolidación dun sistema público galego de servizos sociais que garanta os equipamentos precisos para acadar uns servizos que cubran as necesidades sociais do conxunto da poboación galega,- viva onde viva esta-, co obxetivo de favorecer a cohesión social do País, reforzando vencellos sociais e combatendo os procesos de desestructuración territorial e social, abordando, tanto as situacións de falla de autonomia persoal, como a pobreza e exclusión social ou nas que existan menores en conflito ou desamparo.
*O resgate e ampliación da xestión pública en servizos que foron e están sendo privatizados na administración local como a limpeza, abastecimento de auga e depuración, parques e xardíns, escolas infantís, servizos sócioculturais e administrativos, servizos provinciais de emerxéncia, parques comarcais de bombeiros….
*Un servizo de correos público galego, xa que o servizo de correos é algo necesário para impedir que o mundo rural se sinta discriminado e que se poda revitalizar.
*O restabelecimento da xestión pública dos servizos que prestaban SEAGA e SOGASERSO.
*A revitalización e dotación de persoal e médios às Oficinas Agrárias Comarcais para que volten prestar todo tipo de servizos de asesoramento, incluido o aconsellamento, e tramitación às explotacións, rescatando todos os servizos que xa foron privatizados.
*A xestión directa da administración en todo o relacionado coa sanidade animal e vexetal, que só se realizará con garantías se non están sometidas a intereses privados e particulares e se é asumida desde a Administración Pública.
*Artellamento duns servizos de transporte público no médio rural acorde coas necesidades existentes, mantendo e mellorando o que xa existe, recuperando liñas,e ampliando horários, tanto de autobuses como de tren.