Celébrase a II Asemblea Nacional do Movemento pola Base baixo o lema "Construindo a alternativa de Clase"

O sábado 7 de febreiro tivo lugar ao longo de toda a xornada a II Asemblea Nacional do Movemento pola Base no Hotel Congreso, en Teo. Quince meses despois da fundación do noso colectivo político tivo lugar este encontro no que se debatiu  e analizou o contexto político actual, a nivel internacional, no noso país, asi como a concepción do Movemento pola Base no actual marco político, a política institucional e os movementos sociais.

"Construindo a alternativa de clase"

Nesta II Asemblea Nacional, baixo o lema “Construindo a alternativa de clase”, reuníronse militantes e simpatizantes do Movemento pola Base, nunha xuntanza na que se escolleu unha nova Mesa Nacional asi como se reformularon algunhas cuestións organizativas para “un mellor funcionamento e unha adaptación ao momento actual que estamos a viver”.

Temas a debate A crise económica do capitalismo contemporáneo e as súas consecuencias para a clase traballadora, a actuación no BNG ou a situación actual da CIG, son algunhas das temáticas que foron abordadas máis fondamente nesta Asemblea.

Unha moi boa asistencia

A partir das sete da tarde no Hotel Congreso tivo lugar o acto de clausura desta II Asemblea Nacional, do que participaron numerosas organizacións políticas e sociais convidadas, e na que se presentaron as conclusións deste encontro. Unhas 150 persoas enchian a sala na que se realizou esta II Asemblea Nacional, e na que se desenvolveu este acto de que clausura, na que interviron os compañeiros do Movemento pola Base Paulo Rubido, membro da nova Mesa Nacional, asi como Fermín Paz.

Máis fotos e unha crónica máis ampla moi pronto

Moi pronto achegaremos unha galería fotográfica recollendo toda esta xornada, asi como unha crónica na que se achegue máis información sobre esta II Asemblea Nacional, asi como un video da sesión de clausura deste encontro.