Ligazóns

Decidimos desde o MpB incluir neste apartado a todas as organizacións políticas, sociais, culturais, viciñais, feministas, ecoloxistas, sindicais e medios de comunicación alternativos que actuan na Galiza no que podemos entender como Ámbito Nacionalista. Esta non é unha decisión casual, senón que parte da nosa própria comprensión aberta e sen exclusións do nacionalismo como un movemento no seu conxunto desde diferentes expresións políticas e ideolóxicas.

Por desgraza, o nacionalismo galego, e nomeadamente o que se pode entender como Independentismo, ten unha longa tradición de rupturas, escisións e sen número de fragmentacións ás cales nen nós mesmos como MpB escapamos. Queda fóra de toda dúbida, cando menos para nós, que ninguén pode pensar en reconfigurar e recompoñer nada desde unha concepción de si mesmo como o único motor posíbel, acompañando esta decisión con sectarismos e exclusións.

Para o MpB é fundamental rachar con esta dinámica cainita que o único que consigue é a conformación de grupos reducidos e con escasa presenza social que loitan entre si polo mesmo espazo e que adican a maior parte do seu tempo e actividade en competir con quen coinciden en obxectivos políticos. Entendemos que unicamente non podemos compartir esta concepción con aqueles e aquelas que se empeñan en empregar métodos de loita demostrados como absolutamente ineficaces, inútiles e contradictórios coa realidade social e política deste País, Galiza.

Política

Unión do Pobo Galego

Sindical

Central Unitaria de Traballadores
Confederación Intersindical Galega
Federación de Servizos da CIG
Sindicato Labrego Galego - Comisións Labregas